miércoles, abril 05, 2006

Carta de presentación:
Hola. Chámome Ana, teño vintecinco anos, a piques de cumprir vinteséis, este vindeiro mes de maio, xuro que non me vai dar outro ataque de crise existencialista!
Teño seis irmáns, dúas cuñadas e unha irmá (eu son a cativa de oito, jejeje). Tres hermosas sobriñas, que son o mellor que hai na familia, e un medio irmán ao que case non coñezo (ao meu pesar). Téñolle moito aprecio a miña familia, sobre todo as miñas tías solteiras e ao meu tío cura (supoño que sempre nos deron tanto cariño porque eles non tiveron fillos). Ao meu pai tamén lle quero moitísimo (aínda que el pense que non). E sempre querrei as miñas devanceiras: a miña nai e a nai da miña nai! ¡Vivan! En elas penso tódolos días.
Tamén teño moitas e moitos colegas pero amigas e amigos só uns poucos/as, @s mellores. Podo citar a Yoli que é coma unha irmá para min.
De mozos (serios) non quero oír falar ata os trinta, que asentarei a cabeza para ter unha ou dúas fillos/as. Isto si que é ter as cousas claras. JeJe.
As miñas aficións é bailar e escoitar música ( rock and roll e eavy), os libros que máis me gustan son os de psicoloxía ou crecemento persoal, crítica social, políticoéconómica e educación.
As veces deíxome pasar polo ximnasio, có que máis disfruto é nadando na pisci e sudando na sauna.
Tamén salgo pola noite para socializarme, sobretodo para vela xente coa que podo falar despois do día. Ó último que fixen este ano foi deixar de currar de camareira para poñerme en serio coa miña carreira de mestra de Lingua Estranxeira e viaxar. Recoméndolle viaxar a todo o mundo, hoxe en día non é tan caro, só é preciso tempo.
O tempo é o único verdadeiramente noso (Séneca).
Encantada, benvidos/as ao meu blog!

AnILoMa